Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > 70.000 euros para as actividades das asociacións empresariais e comerciais do concello

/ 70.000 euros para as actividades das asociacións empresariais e comerciais do concello

Arteixo adicará 70.000 € a programas de actividades que durante este ano desenvolvan as distintas asociacións empresariais e comerciais do municipio. Trátase de iniciativas como as feiras comerciais, actos culturais, campañas de promoción do comercio local ou eventos de carácter lúdico.

A Xunta de Goberno aprobou hoxe a convocatoria destas axudas que e outorgarán polo sistema de concorrencia competitiva e ás que poden acceder as entidades para promover iniciativas sociais sen ánimo de lucro e destinadas a promover e realizar actividades empresariais e comerciais no concello de Arteixo.

Unha vez aprobadas as bases, o concello inscribirá as mesmas no rexistro estatal de subvencións e posteriormente publicaránse nos canais de comunicación do concello.

Ademáis de estas axudas ás asociación, Arteixo destinou nos últimos 12 meses preto de 2,5 millóns de euros a axudas directas aos comerciantes e hostaleiros afectados polas restriccións motivadas pola pandemia.

Ir al contenido