Arteixo adicará 70.000 € a programas de actividades que durante este ano desenvolvan as distintas asociacións empresariais e comerciais do municipio. Trátase de iniciativas como as feiras comerciais, actos culturais, campañas de promoción do comercio local ou eventos de carácter lúdico.
A Xunta de Goberno aprobou hoxe a convocatoria destas axudas que e outorgarán polo sistema de concorrencia competitiva e ás que poden acceder as entidades para promover iniciativas sociais sen ánimo de lucro e destinadas a promover e realizar actividades empresariais e comerciais no concello de Arteixo.
Unha vez aprobadas as bases, o concello inscribirá as mesmas no rexistro estatal de subvencións e posteriormente publicaránse nos canais de comunicación do concello.
Ademáis de estas axudas ás asociación, Arteixo destinou nos últimos 12 meses preto de 2,5 millóns de euros a axudas directas aos comerciantes e hostaleiros afectados polas restriccións motivadas pola pandemia.