Carlos Calvelo, acompañado ,da Concelleira de Servizos Sociais, Inés Ramos e o Concelleiro de Medio Urbano, José Antonio Calvelo, visitaron hoxe as instalacións do Parque do Monticaño para comprobar o traballo que a empresa «Emprego Social» executa para o mantemento da zona. A empresa tamén se encarga da formación do alumnado, en risco de exclusión social, para a mellora da súa empregabilidade.
Todo o persoal que traballa no mantemento das zonas verdes do parque recibiu un pequeno agasallo do Departamento de Servizos Sociais e foi invitado a un pequeno almorzo.