A Xunta de Galicia abre o prazo, ata o 28 de febreiro de 2022, para a renovación da «Tarxeta Benvida» a todas aquelas familias que xa foran beneficiarias no 2021 e que dispoñan dunha renda superior a 22.000€ anuais.
Os interesados deberán presentar este Anexo cos datos da resolución da Axuda. Este anexo estará dispoñible nos Centros de Servizos Sociais de Meicende, Froxel e Arteixo.
Para as familias solicitantes de tarxeta no 2021, con ingresos inferiores a 22.000€/anuais non é necesariotramitar a renovación.
Máis información en servizos.sociais@arteixo.org