Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O Concello e a Xunta clausuran un novo obradoiro de emprego que facilitou formación e traballo a 20 alumnos traballadores

/ O Concello e a Xunta clausuran un novo obradoiro de emprego que facilitou formación e traballo a 20 alumnos traballadores

Concello e Consellería de Emprego e Igualdade veñen de clausurar, esta mañá, o obradoiro de emprego para a «Mellora dos equipamentos municipais». O alcalde Carlos Calvelo, o concelleiro de Promoción Económica, Ángel Vázquez e a directora xeral da Xunta Judit Fontela foron os encargados da clausura.

Trátase dun taller dual de emprego que impartiu a especialidade de Pintura industrial en construcción que finalizou este mes de setembro e ao que acodiron 20 alumnos e alumnas traballadoras.

Os candidatos foron seleccionados a través de oferta presentada no Servizo Público de Emprego de Galicia. Despois superaron un tribunal evaluador según comstaba nas bases. A continuación foron contratados a través dun contrato de formación e aprendizaxe.

Durante este período de formación, cobran o Salario Mínimo Interprofesional e, ao mesmo tempo, reciben formación para obter o certicicado de profesionalidade. Paralelamento impartiuse formación específica en alfabetización informática, sensiblización ambiental, prevención de riscos laborais, educación básica e ESO, e igualdade. Tamén se aprende orientación profesional e formación empresarial .

O grupo está dirixido por un responsable e profesores. De esta forma poderán realizar distintas actuacións de pintura interior, exterior, barnizado, lacado e tratamentos de elementos metálicos en instalacións do propio Concello de Arteixo como o centro cívico de Arteixo, o centro social de Froxel ou o polideportivo de Galán.

 

Ir al contenido