O Concello recepciona a obra para a mellora dos camiños Ínsua a Fortesende e do entronque do camiño CM-00216 co CM-00019.
Os traballos, cun investimento de 42.539,00€, contou cunha axuda de 33.818,00 €, que aportou a Axencia Galega do Medio Rural ao abeiro do plan marco para a mellora dos camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas para a anualidade 2020-2021. O plan está cofinanciado co Fondo Europeo agrícola de desenvolvemento rural (FEADER) ao abeiro do PDR de Galicia 2014-2020.