A Concellería de Promoción económica desenvolverá unha nova edición do Programa Integrado de Emprego de Galicia, baixo a denominación “Concello de Arteixo 2025-2026”. O proxecto ten como obxectivo mellorar a inserción laboral das persoas desempregadas mediante accións de formación, orientación e prácticas profesionais.
O programa inclúe cursos de formación específica en atención ao cliente e caixeiro, organización e xestión de almacéns, operario ou operaria de almacén e carretilleiro, operario ou operaria de tenda e operario ou operaria de fábrica e carretilleiro.
A formación combinarase con orientación laboral, accións de emprendemento, informática, técnicas de intelixencia emocional, motivación para a busca de emprego, habilidades sociolaborais, prevención de riscos laborais, manipulación de alimentos e prácticas profesionais non laborais.
O inicio do programa está previsto para o mes de xaneiro de 2025. As persoas interesadas poden solicitar información e realizar a súa inscrición a través do teléfono 981 659 147 (Promoción Económica do Concello) ou presencialmente no Centro Arteixo Innovación, situado na Avenida Arsenio Iglesias, parcela 46.