Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > Axudas para o fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais

/ Axudas para o fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais

A Xunta de Galicia, en colaboración co Ministerio de Trabajo y Economía Social, anunciou a convocatoria do Programa I para o fomento do emprego en economía social para este ano 2026. Esta iniciativa busca apoiar o emprendemento e incentivar a incorporación de persoas socias traballadoras en cooperativas ou sociedades laborais con centros de traballo situados en Galicia.

Prazo de solicitude: O período para presentar as solicitudes permanecerá aberto desde o 2 de marzo ata o 16 de setembro de 2026, ás 20:00 horas.

Principais beneficiarios: As axudas están destinadas a cooperativas e sociedades laborais que incorporen socios traballadores de forma indefinida, incluíndo:

  • Persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego.

  • Traballadores con contrato fixo-descontinuo que se incorporen como socios.

  • Socios a proba que estivesen desempregados previamente.

  • Persoas asalariadas de empresas que se transformen en cooperativas ou sociedades laborais.

  • Tamén se inclúe o apoio para a incorporación de menores de 30 anos (ou 35 en caso de discapacidade) como socios a proba.

Contías e incentivos:

  • Por cada incorporación indefinida a xornada completa: 6.000 €.

  • Por mozos/as como socios a proba: entre 600 €/mes durante 6 a 12 meses.

  • Incrementos do 25% acumulables para colectivos como mulleres, persoas con discapacidade, maiores de 45 anos, emigrantes retornados, persoas trans ou centros en concellos rurais, entre outros.

  • A contía máxima por entidade beneficiaria é de 67.500 €.

As entidades beneficiarias deberán manter a actividade e a forma xurídica durante un mínimo de 3 anos. Para máis información, as persoas interesadas poden contactar co servizo 012 ou consultar o código de procedemento TR802G na sede electrónica.

Convocatoria no DOG