O xurado, reunido o 12 de abril de 2026 ás 10:00 horas en dependencias do Concello de Arteixo, decidiu por unanimidade premiar as seguintes obras finalistas (que aquí figuran por orde alfabética):
A comedia intelectual, presentada baixo o lema “Olivia Ferrant” e con autoría de Iván García Campos;
Frederick, presentada baixo o lema “Tacuabé” e con autoría de Brais Lamela Gómez.
Ópera prima de evolución tórpida, presentada baixo o lema “Azulexa” e con autoría de Lucía Aldao Sánchez.
Os premios, que se coñecerán durante a cerimonia, contan coa seguinte dotación: 4.000€ e a edición da obra para o primeiro, 2000€ e a edición da obra para o segundo e 1000€ e a edición da obra para o
terceiro.
No acto de entrega contaremos coa presenza do xurado, quen fará unha valoración sobre as obras premiadas así como sobre a presente edición do Certame.
A gala de entrega de premios contará coa compañía de danza iXa, que coa súa obra Ollos cara adentro transformará o escenario nun espazo onírico efémero. A través dunha linguaxe surrealista serán superados os límites da razón, o que nos convidará a abrir a porta que conecta os mundos interiores co exterior.
