A Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación activa un ano máis o servizo de conciliación matinal “Mañanceiros” en cinco centros educativos de Arteixo: EEI Barrionovo, EEI Vilarrodís, CEIP Galán, EEI Larín e EEI Rorís.
Este programa permite ás familias deixar aos seus fillos e fillas nos centros antes do inicio do horario lectivo, favorecendo así a conciliación tamén nas primeiras horas da mañá.
O servizo estará dispoñible nos días lectivos estipulados pola Consellería de Educación para o curso 2025/2026 e funcionará desde as 7:00 h da mañá ata o inicio das clases. Os horarios poderán adaptarse ás necesidades das familias usuarias.
O custo actual é de:
-
2,50 €/día con almorzo
-
1,50 €/día sen almorzo
Para que o servizo se active en cada centro será necesario un mínimo de 5 persoas usuarias fixas.
O prazo de inscrición vai do 15 ao 24 de xullo e as prazas cubriranse por rigorosa orde de entrada (teñen validez tanto os envíos por correo electrónico como as entregas presenciais).
As solicitudes deben entregarse:
-
Presencialmente no Departamento de Educación (de luns a venres, de 9:00 a 14:00 h)
-
Ou por correo electrónico a: educacion@arteixo.org
📎 Descargar o modelo de inscrición aquí
Pódese descarregar o folleto informativo completo neste enlace