O 11º Concurso de Maios abre a programación da festa das flores 2026. Un certame organizado pola Concellaría de Cultura co obxectivo de promover a creatividade, o respecto pola natureza e o coidado das costumes locais. Os centros educativos e as asociacións do municipio amosarán o seu talento a través de monumentos vexetais encadrados en dúas modalidades: o Maio Tradicional e o Maio Artístico. Todas as creacións participantes quedarán expostas ao longo de toda a Avenida do Balneario desde o propio venres ata o domingo 31 de maio para que veciños e visitantes poidan desfrutar do seu deseño. O acto oficial de entrega de premios terá lugar o mesmo venres ás 13:00 horas na Capela do Balneario.
A xornada do venres completaráse ás 19:00 horas no Anfiteatro coa posta en escena de «Hoxe si!», o aclamado espectáculo da compañía Sempre arriba que chega a Arteixo tras ser galardoado co Premio Manu Lago ao mellor espectáculo de rúa de 2025. A peza, dirixida por Natalia Outeiro e protagonizada pola artista Marta Iglesias, ten unha duración de 50 minutos e é de acceso totalmente libre. Trátase dunha proposta que combina a linguaxe do clown, a música e as acrobacias aéreas cunha posta en escena dinámica arredor dun triángulo de xogo e obxectos flotantes, configurando unha invitación directa ao público para gozar do humor e celebrar o momento presente.
