O departamento de xuventude publica o listado de persoas admitidas no curso de inglés conversación do programa de actividades xuvenís do Centro A Baiuca.
As actividades restantes —baile moderno, costura creativa e ofimática básica— non completaron os grupos, polo que as inscricións permanecerán abertas ata o 17 de outubro.
O custo por actividade é de 12 € e o pagamento poderá realizarse os días 14, 15 e 16 de outubro. A folla de inscrición está dispoñible na web do concello.
Para máis información, os interesados poden contactar co Centro A Baiuca nos teléfonos 981 659 095 e 981 659 133.