Venres, 21 de maio de 2021 · Viernes, 21 de mayo de 2021 · Número 94
O contido mostrado a continuación é unha versión do BOP oficial, auténtico e asinado electrónicamente en PDF

ATENCIÓN: Esta páxina é unha tradución automática Traducción automática
Gallego - Castellano
2021_0000004206

Administración Local

Municipal

Arteixo

Urbanismo

Instrución en relación cos usos recollidos nas normas subsidiarias do Concello de Arteixo aprobadas polo Pleno da Corporación o 8.4.1995 e definitivamente pola Comisión Provincial Urbanismo o 4.5.1995

ANUNCIO

Publicación da Resolución número 1159/2021, relativa ao asunto “INSTRUCIÓN EN RELACIÓN COS USOS RECOLLIDOS NAS NORMAS SUBSIDIARIAS DO CONCELLO DE ARTEIXO APROBADAS POLO PLENO DA CORPORACIÓN O 8/04/1995 E DEFINITIVAMENTE POLA COMISIÓN PROVINCIAL URBANISMO O 4/05/1995”

“Urbanismo e Patrimonio

EXPEDIENTE: 2020/G003/002568

PROCEDIMENTO: tramitación de decretos

ASUNTO: INSTRUCIÓN EN RELACIÓN COS USOS RECOLLIDOS NAS NORMAS SUBSIDIARIAS DO CONCELLO DE ARTEIXO APROBADAS POLO PLENO DA CORPORACIÓN O 8/04/1995 E DEFINITIVAMENTE POLA COMISIÓN PROVINCIAL URBANISMO O 4/05/1995

Na Casa do Concello de Arteixo (A Coruña), o alcalde-presidente, D. Carlos Calvelo Martínez, ante min, secretario xeral, dicta a presente

RESOLUCIÓN

ANTECEDENTES

VISTO.–O oficio con CVD: smrCxTWihzVor4lWwThG de data 11/10/2020, mediante o que D. Luís Alberto Castro Calvete, concelleiro delegado en materia de Urbanismo e Patrimonio, conforme Decreto 1546/2020 de 10/07/2020, solicita á Técnico de Administración Xeral de Urbanismo “INFORME EN RELACIÓN AS CLASES, REGULACIÓNS E CONDICIÓNS DE USOS DAS NORMAS SUBSIDIARIAS DE PLANEAMENTO MUNICIPAL”.

CONSIDERANDO.–O informe xurídico (CVD: wFtlIYou+mM4zIKY6zVU) emitido en data 09/12/2020 pola Técnico de Administración Xeral de Urbanismo, co seguinte teor literal:

“INFORME XURÍDICO

Asunto: INSTRUCIÓN EN RELACIÓN COS USOS RECOLLIDOS NAS NORMAS SUBSIDIARIAS DO CONCELLO DE ARTEIXO APROBADAS POLO PLENO DA CORPORACIÓN O 8/04/1995 E DEFINITIVAMENTE POLA COMISIÓN PROVINCIAL URBANISMO O 4/05/1995.

O planeamento en vigor do municipio de Arteixo é do ano 1995, planeamento elaborado coa vixencia da LASGA hoxe totalmente derrogada e superada, a tal efecto a lexislación urbanística vixente regula o réxime transitorio na disposición transitoria primeira.

Cabe facer referencia á activa labor normativa que tivo lugar nos últimos anos tanto na administración autonómica como a estatal, normativa que incide directamente no funcionamento das actividades e no control municipal das mesmas que de ser ex ante, o control municipal pasa a ser ex post.

Os cambios normativos no sector servizos coa incidencia na regulación dos usos ven sufrido reformas desde o ano 2010 coa entrada en vigor en España da Lei 17/2009, do 23 de novembro, sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio, e a Lei 25/2009, do 22 de decembro, de modificación de diversas Leis para a súa adaptación á Lei sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio por mor da directiva comunitaria 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior cuxo obxectivo principal radicaba en adaptar o sector servizos á regulación europea.

Para iso a primeira delas tivo por obxecto facilitar o libre establecemento de prestadores de servizos así como a libre prestación destes simplificando os procedementos e fomentando a calidade dos servizos. Doutra banda na segunda lei radican as modificacións realizadas en máis de 40 normas españolas co fin de levar a cabo esta transposición.

A continuación fóronse dando un sen fin de modificacións normativas das que cabe destacar a entrada en vigor da Lei 9/2013 de 19 decembro de 2013, do emprendemento e a competitividade económica de Galicia, e a Lei 2/2016 do solo de Galicia, leis de cabeceira do urbanismo e en concreto da regulamentación das actividades que a finais do ano 2016 contan con seus regulamentos, Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e o Decreto 144/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento único de regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos.

As Normas subsidiarias do Concello de Arteixo, texto refundido publicado no BOP do 26/03/08, na regulación efectuada dos usos fai referencia a innumerables normas vixentes no momento da súa promulgación, en concreto o apartado 4 do fascículo III das Normas contén o que se denomina REGULACIÓN DOS USOS, páxs. 3792 á 3862 da publicación do BOP núm. 69 do 26/03/2008. Dita regulación referencia lexislación sectorial que hoxe sufriu modificacións e que en moitos aspectos contradí a regulación aplicable e en ocasións puidera dar lugar a contradicións.

Fronte a esta situación de incerteza, a xurisprudencia e a ciencia do Dereito, a través dunha actividade práctica e teórica, elaboraron varias regras de solución, entre as que destacan pola xeneralidade da súa aceptación:

1. “A lei posterior derroga á lei precedente”.

2. “A lei superior derroga á inferior”.

3. “A lei especial derroga á xeral”.

A tenor do exposto e trala aplicación dos principios de especialidade, interpretación conxunta das normas e xerarquía das mesmas ou a simple cronoloxía na aparición das normas fan necesario clarificar a normativa aplicable aos usos que non son outras que as diferentes sectoriais vixentes que derrogan tácitamente o antes mencionado apartado 4 da Regulación dos Usos contido no fascículo III das normas de Arteixo, baste sinalar que o obxecto do planeamento non é facer unha regulación dos pormenores dos usos senon establecer os mesmos a cada ordenanza de aplicación o que sí debe quedar en vigor.

MARCO XURÍDICO:

Normas subsidiarias do Concello de Arteixo, texto refundido publicado no BOP do 26/03/08 e as disposicións xerais e demais de aplicación.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administración Públicas, en adiante LPAC.

Lei 40/2015 do 1 de outubro do Réxime Xurídico do Sector Público, en adiante LRXSP.

Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, en adiante LTAIBG.

Artigo 21.1.h) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, respecto á competencia para ditar instrucións que corresponde ao alcalde.

 

CONSIDERACIÓNS LEGAIS:

Procedemento.–O artigo 6 da LRXSP regula as instrucións e ordes de servizo e establece no seu apartado primeiro que os órganos administrativos poderán dirixir as actividades dos seus órganos xerarquicamente dependentes mediante instrucións e ordes de servizo, e concreta que cando unha disposición específica así o estableza, ou se estime conveniente por razón dos destinatarios ou dos efectos que poidan producirse, as instrucións e ordes de servizo publicaranse no boletín oficial que corresponda, sen prexuízo da súa difusión de acordo co previsto na LTAIBG. Finalmente establece que o incumprimento das instrucións ou ordes de servizo non afecta por si só á validez dos actos ditados polos órganos administrativos, sen prexuízo da responsabilidade disciplinaria en que se poida incorrer.

En este estado das cousas cabe ditar unha instrución para que persoal e administrados do concello de Arteixo coñezan a derrogación tácita da regulación dos usos contida no fascículo II das Normas subsidiarias do Concello de Arteixo, texto refundido publicado no BOP do 26/03/08.

Ao amparo do establecido nos artigos 7 e 5 da LTAIBG deberá publicarse no BOP e na web municipal para o público coñecemento.

Competencia.–A tenor do establecido no artigo 21.1.a) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, respecto á competencia para resolver, corresponde ao alcalde por ser un acto obxecto da tarefa de dirixir o goberno e en concreto relativo á administración municipal.

Finalmente e en virtude do exposto no artigo 6 da Lei 40/2015 do 1 de outubro do Réxime Xurídico do Sector Público, VEÑO A PROPOÑER AO SR. ALCALDE-PRESIDENTE:

Primeiro.–Para o público coñecemento publicar a non aplicación do apartado 4 do fascículo III, REGULACIÓN DOS USOS, páxs. 3792 á 3862 da publicación do BOP núm. 69, do 26/03/2008, Normas subsidiarias do Concello de Arteixo, someténdose á lexislación sectorial aplicable en vigor en cada momento.

Segundo.–Publicar a presente instrución no Boletín Oficial da Provincia e na páxina web do Concello de Arteixo para o público coñecemento do contido.

Terceiro.–Dar traslado á Xunta de Galicia, CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO aos efectos que estimen oportuno.”

VISTO.–Que en data 03/05/2021 o concelleiro delegado de Urbanismo e Patrimonio, D. Luís Alberto Castro Calvete, no exercicio das competencias que lle foron conferidas na Resolución da Alcaldía n.º 1546/2020, de data 10 de xullo de 2020, modificada pola Resolución n.º 3056/2020, do 18 de decembro, do mesmo ano, formula proposta de resolución con CVD: GTbX3AjVvHGtJeixf6Qe.

Por todo iso, á vista dos antecedentes e fundamentos expostos, en base as competencias recollidas no apartado q) do artigo 21.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local,

RESOLVO:

PRIMEIRO.–Para o público coñecemento publicar a non aplicación do apartado 4 do fascículo III, REGULACIÓN DOS USOS, páxs. 3792 á 3862 da publicación do BOP núm. 69, do 26/03/2008, Normas subsidiarias do Concello de Arteixo, someténdose á lexislación sectorial aplicable en vigor en cada momento.

SEGUNDO.–Publicar a presente instrución no Boletín Oficial da Provincia e na páxina web do Concello de Arteixo para o público coñecemento do contido.

TERCEIRO.–Dar traslado á Xunta de Galicia, CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO aos efectos que estimen oportuno.

En Arteixo, asinado dixitalmente polo Sr. alcalde-presidente, D. Carlos Calvelo Martínez do que eu, D. José María Vázquez Pita, como secretario xeral, dou fe. (Asinado aos efectos exclusivamente do artigo 3.2 do RD 128/2018, do 16 de marzo, e o artigo 2.1 do Decreto 24/2018, do 15 de febreiro).”

En Arteixo, a 13 de maio de 2021.

O alcalde

P.D. (Resolución da Alcaldía 1546/2020, do 10 de xullo, modificada pola Resolución n.º 3056/2020, do 18 de decembro), Luís Alberto Castro Calvete, concelleiro delegado de Urbanismo e Patrimonio.

2021/4206

 

©2009 Deputación da Coruña