Funcións
Atención directa, defensa e protección dos intereses dos consumidores e usuarios.
Informar, axudar e orientar ós consumidores e usuarios en materia de consumo, ben informando a poboación en xeral ou individualmente mediante consultas.
Recollida de reclamacións e denuncias, así como a remisión ós organismos competentes.
Asesoramento Xurídico.
Levar a cabo tarefas de educación e formación en materia de consumo.
Tardes de ludiconsumo
Consumidor: É a persoa física, (home ou muller); ou xurídica, (unha sociedade anónima, unha asociación profesional, etc.) que compra algunha cousa para o seu propio consumo, utilización, proveito ou gasto: explo (quen compra un litro de leite para bebelo, un libro para ler, unha vivenda para vivir nela, etc.).
Usuario: Persoa física ou xurídica que utiliza ou aproveita algún servicio, para ela mesma, para o seu propio uso, proveito ou gasto: explo (quen viaxa, come nun restaurante, utiliza o teléfono, limpa a roupa na tintorería, etc.).
Non son consumidores ou usuarios, aqueles que comprar calquera producto ou utilizan algún servicio, para producir outros bens ou productos, ou transformalos e despois vendelos a outras persoas, ou para volvelos vender sen modificalos. Explo: (o libreiro que merca libros ó editor para despois vendelos).
A Oficina de consumo atenderá ao público a través do correo:
No documento adxunto poden descarregar o formulario para presentar reclamacións.
Edificio de Arteixo Innovación
Avda. de Arsenio Iglesias
Polígono de Sabón, Parcela 46
Guías do Consumidor
Para ter máis información descargar a Guía do Consumidor responsábel
E para que os nenos tamén saiban que dereitos ten como consumidor descargar Na procura do OMICO «O Sabichón de consumo».