Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Promoción Económica organiza un curso de agricultura e xardinería ecolóxica

/ Promoción Económica organiza un curso de agricultura e xardinería ecolóxica

Aprender a cultivar alimentos máis sanos e nutritivos de xeito ecolóxico e respectando o medio ambiente. Cultivos máis saudables usando os recursos naturais, a biodiversidade, a rotación e asociación de cultivos, os  ciclos da natureza, as plantas  aromáticas, os remedios de pesticidas e fertilizantes naturais e ecolóxicos. Maior rendemento da terra así como alimentos de máis calidade nutricional. Son os beneficios da agricultura e a xardinería ecolóxica.

A Concellería de promoción económica oferta un curso para aproveitar os recursos naturais sen perxudicar o medio ambiente.

O compromiso do Concello de Arteixo para fomentar un mundo máis sostible, materializase neste curso de formación en Xardinería e Agricultura ecolóxica, que se desenvolve a través da concellaría de Promoción Económica, dentro da estratexia «Plan Novarteixo 2020» cofinanciada nun 80% por FEDER no marco do Programa Operativo de Crecimiento Sostenible (POCS) 2014/2020, actualmente integrado no Programa Operativo Plurirregional de España (POPE) 2014/2020.

O proceso para participar iníciase o 15 de maio.

Trátase de fomentar entre a veciñanza do Concello o concepto de horticultura sostible e ecolóxica.

Para participar como alumno/a no curso hai que chamarao teléfono 981 659 147.

Ir al contenido