“Chicas Nuevas 24H” do 1 ao 15 de decembro na sala de exposicións do centro cívico Manuel Murguía
A Sala de Exposicións do Centro Cívico Cultural Manuel Murguía acolle do 1 ao 15 de decembro a mostra “Chicas Nuevas 24H”, un proxecto dirixido por Mabel Lozano que afonda na realidade da trata e da explotación das mulleres. A exposición, promovida e coordinada en colaboración co Centro de Información á Muller (CIM) de Arteixo, ofrecerá ao público un percorrido divulgativo e de sensibilización arredor desta problemática social. Como actividade complementaria, o 11 de decembro ás 17:30 horas...
Dous concertos no Centro Cívico Cultural Manuel Murguía para celebrar o día de Santa Icía
Arteixo conmemora esta fin de semana a festividade de Santa Icía, patrona da música, cun programa composto por dous concertos abertos ao público no Centro Cívico Cultural Manuel Murguía. O sábado 22 de novembro, ás 18.00 horas, celebrarase o II Festival Musical Santa Icía, organizado polo Orfeón de Arteixo e coa colaboración da área de Cultura. No evento participarán a Coral Polifónica Sagrada Familia, o grupo de pandeireta das Actividades Sociais da Concellaría de Maiores e Actividades...
Nace o “Caderno do Mar de Sorrizo”
Nace o "Cadeno do Mar de Sorrizo", unha nova ferramenta creativa e participativa. Trátse dunha libreta que recolle, mediante ilustracións e textos, a riqueza do litoral da vila, a súa biodiversidade mariña, o patrimonio material e inmaterial, curiosidades locais e propostas de actividades para promover o coidado do entorno. O caderno está deseñado para ser interactivo, con espazo para notas, reflexións e xogos, e adaptado para todos os públicos, cunha tipografía clara e contidos organizados...
Maxia, teatro e arte propostas do outono cultural para os últimos meses do ano
A Concellería de Cultura desenvolverá durante os meses de outubro, novembro e decembro un amplo programa de actividades que conforman o ciclo do Outono Cultural 2025. A programación inclúe propostas de cinema, teatro, música, maxia, exposicións e espectáculos para público infantil e familiar, consolidando unha oferta cultural diversa e de calidade para todos os públicos. No ámbito cinematográfico, o ciclo comezará o 3 de outubro con Sen alma de Iago Barrado e continuará o 7 de novembro con...
Actividades de Xuventude para os meses de outono
O Concello vén de abrir o prazo de inscrición para participar nas actividades formativas organizadas polo Departamento de Xuventude para os meses de outubro, novembro e decembro. A programación inclúe propostas de baile moderno, costura creativa, ofimática básica e conversación en inglés, dirixidas á mocidade do municipio. As sesións de baile moderno desenvolveranse os xoves de 18.00 a 19.30 horas e os sábados de 12.00 a 13.30 horas. A actividade de costura creativa terá lugar os mércores de...
Prazo de pago voluntario da taxa de lixo
Do 15 de setembro ao 19 de novembro de 2025 estará aberto o prazo de pago voluntario da taxa de lixo correspondente ao primeiro semestre do ano. No caso de non recibir no domicilio o recibo para o seu pago, ou o xustificante bancario do cargo en conta en data 22 de setembro de 2025 (para os casos de domiciliación), deberá poñerse en contacto co Concello de Arteixo no teléfono 981 600 009 para solicitar un duplicado. Unha vez rematado o prazo de pago voluntario, os recibos que queden pendentes...