Ir o contido principal

Participación cidadá

A Concellaría de Participación Cidadá do Concello de Arteixo nace co obxectivo de fomentar a participación democrática e a transparencia nos asuntos públicos locais, así como para regular os dereitos da cidadanía: o dereito á participación, á información, á iniciativa cidadá, a presentar queixas, reclamacións e suxestións, á consulta popular ou referendo, a unha política municipal de fomento do asociacionismo, ou o dereito de reunión, de petición, de audiencia e de intervención nos Plenos Municipais.

 

Así, este departamento, traballa, de xeito directo, coas asociacións locais co fin de facilitárllelo seu labor no municipio, ben a través dos Consellos Sectoriais, órganos de participación que canalizan as iniciativas e inquietudes cidadás en temas concretos de interese para o pobo como, por exemplo, a escola, a cultura, o deporte, o medio ambiente, a mocidade, as mulleres, a xente maior, as persoas con eivas, a cooperación e a solidariedade, entre outros, ben achegando axudas puntuais que contribúan ao seu mellor desenvolvemento, así coma cursos específicos de formación para o tecido asociativo.

 


Modelo de Autorización para Servizo SMS

 

Visto o disposto polo Regulamento de Participación Cidadá (Artigo 2, Dereito a información) e coa fin de completar os servizos á veciñanza, facilitar a comunicación entre o Concello e a cidadanía e ampliar as canles de información existentes, esta concellaría pon a súa disposición un servizo gratuíto de sms polo que pode recibir no seu teléfono móvil información de interese xeral relacionada co Concello de Arteixo.

Para darse de alta só ten que cubrir o modelo de autorización que se facilita a continuación e entregalo no departamento (Centro de Maiores A Baiuca Trav. de Arteixo, 247)

 

Modelos de autorización de datos e fotografías

 

O portal xestionado polo departamento de Participación Cidadá, ten como obxectivo o fomento e promoción do asociacionismo local e a difusión do seu traballo. Trátase dunha web onde cada asociación rexistrada no Concello poderá contar cun espacio propio onde dar a coñecer a súa historia, fins e actividades, ademais dos seus datos de contacto e galerías de fotos.

                                                                                            

As asociacións que queiran formar parte de este directorio só teñen que cubrir as fichas de autorización de datos e fotografías que se achegan.

 

Unha vez feito este pequeno trámite, e entregados ambos documentos en P. Cidadá, ditas entidades só terán que aportar a información que queiran publicar ao departamento de Participación Cidadá, que se encargará de manter a páxina ao díaAdemais da información proporcionada polos colectivos participantes, o portal publicará as novas relacionadas co departamento e todas aquelas noticias de interese xeral para o asociacionismo e a cidadanía: subvencións, becas, normativas...

 

Regulamento de Participación Cidadá

 

O Pleno da Corporación Municipal, na sesión ordinaria de data 31/07/2008, aprobou definitivamente o Regulamento de Participación Cidadá.

Entrou en vigor, despois da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, en cumprimento do disposto no artigo 65 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, o pasado 09/11/2008.

O texto aprobado definitivamente do regulamento é o seguinte:

 

Regulamento tipo de réxime interno de consellos sectoriais do Concello de Arteixo

 

O Pleno da Corporación Municipal, na sesión ordinaria de data 22/12/2008, aprobou inicialmente o Regulamento tipo de réxime interno de consellos sectoriais do Concello de Arteixo.

Entrou en vigor o pasado 25/04/2009, despois da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, previa exposición pública no BOP e no Taboleiro de Anuncios do Concello no prazo comprendido entre o 31/03/09 e o 25/04/09.

O texto aprobado definitivamente do regulamento é o seguinte:

 

Regulamento polo que se crea o rexistro municipal de asociacións

 

Aprobado polo Pleno da Corporación de data do 29/12/2001.

Publicado no Boletín Oficial da Provincia número 56, de data do 08/03/2002.

Modificado polo Pleno da Corporación de data do 26/06/2008.

Publicada a modificación no Boletín Oficial da Provincia número 163, de data 16/07/2008.

O texto aprobado definitivamente do regulamento é o seguinte:

 

Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Arteixo

 

Aprobada inicialmente a Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Arteixo, mediante acordo do Pleno de data 29/01/2009, téndose publicado no Boletín Oficial da Provincia de data 12/02/2009, e transcorrido o prazo de exposición pública de 30 días que estabrece o artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, de Bases do Réxime Local, comprobase que durante o mesmo se presentou no Rexistro de Entrada unha suxestión.

Dita suxestión foi resolta mediante novo acordo Plenario de data 30/04/2009, que acorda ademais a aprobación definitiva desta Ordenanza, de conformidade có estabrecido no citado artigo 49 da Lei 7/1985, procedendo á publicación no BOP de data 15/05/2009 do seu texto íntegro, incluídas as modificacións resoltas.

O texto aprobado definitivamente do regulamento está no pé de páxina

Novas participacion cidada

Saida Laser Combat

Nova actividade da Concellería de Xuventude e Participación Cidadá para o vindeiro sábado, 13 de xaneiro de 10 a 13 h.

Á búsqueda do tesouro

O Departamento de Xuventude organiza o próximo 16 de decembro unha actividade de orientación que, coa axuda de mapas e GPS, permitirá ós participantes atopar un tesouro escondido