Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > Subvencións para o comercio local e artesanal de Galicia

/ Subvencións para o comercio local e artesanal de Galicia

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, publica as bases reguladoras das subvencións para o impulso da innovación e sustentabilidade do comercio local e artesanal para o ano 2026.

Obxecto

Impulsar a dixitalización, innovación, modernización e sostibilidade ambiental do comercio local e
artesanal de Galicia.

Beneficiarias

As persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade
económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, que
desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia.

Prazo de solicitudes

Dende o 16.01.2026 ao 16.02.2026, obrigatoriamente por medios electrónicos a través do
formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal .

Teléfonos información: 981 545 599 / 981 545 419

Accede a toda a información neste enlace do DOG.