O Centro Social de Vilarrodís acollerá o venres 13 de novembro un obradoiro de defensa persoal dirixido a mulleres, que se desenvolverá entre as 16.00 e as 20.00 horas. A actividade contará con dous grupos diferenciados por idade: un para mulleres de entre 12 e 18 anos e outro para maiores de 18.
A formación abordará a teoría da defensa persoal feminina, a vixilancia, a conciencia e a prevención, así como os fundamentos da autodefensa Krav Maga aplicada ás mulleres. Tamén se ofrecerán consellos prácticos xerais sobre seguridade corporal e límites físicos, medidas de autodefensa ante un posible ataque, técnicas para desarmar un agresor e movementos básicos de defensa.
As persoas interesadas deberán realizar a inscrición no Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Arteixo antes do 9 de novembro. Para obter máis información ou formalizar a participación poden chamar ao teléfono 981 60 14 15 ou escribir ao enderezo electrónico muller@arteixo.org.

