Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > Chega o Entroido 2026 cun amplo programa de desfiles, concursos e a tradicional Queima do Meco

/ Chega o Entroido 2026 cun amplo programa de desfiles, concursos e a tradicional Queima do Meco

A Concellería de cultura presenta a programación oficial para o Entroido 2026, que encherá de cor e música as principais rúas da vila os próximos 17 e 18 de febreiro. Convidamos a toda a veciñanza a participar nestas xornadas de ledicia, nas que se repartirán importantes premios para as propostas máis orixinais.

O prato forte será o martes 17 de febreiro, coa celebración do Desfile e Concurso de Carrozas, Comparsas e Disfraces de Adultos. A concentración de participantes terá lugar na Avenida Fisterra entre as 16:45 e as 17:15 horas, para dar comezo ao desfile ás 17:30 horas. O percorrido iniciarse en Candame e pasará pola Avenida dos Bosques, o Balneario e Médico Amenedo, rematando no Campo da Festa coa entrega de premios. As contías dos premios principais oscilan entre os 1.200 euros para a mellor carroza e os 850 euros para a mellor comparsa, incluíndo tamén categorías para disfraces individuais e a mellor copla.

O mércores 18 de febreiro terá lugar a Queima do Meco. A comitiva fúnebre sairá ás 18:30 horas da Praza do Balneario cara ao Anfiteatro, onde se porá fin ás festividades.

As persoas e colectivos interesados en participar nos concursos deberán inscribirse antes do 9 de febreiro ás 14:00 horas. O trámite pode realizarse a través da sede electrónica municipal ou de forma presencial nas oficinas do Servizo Municipal de Cultura (CCC de Arteixo Manuel Murguía) en horario de 9:00 a 14:00 horas. Pódense consultar as bases completas e os requisitos de participación no taboleiro de anuncios da web municipal.