Iniciamos unha campaña de recollida de imaxes históricas centrada no ámbito mariñeiro e na vida na costa.
A iniciativa encamiñada ao Museo Mar de Sorrizo trata de dixitalizar fotografías de embarcacións, tarefas pesqueiras e paisaxes litorais.O obxectivo é involucrar á cidadanía na conservación da historia local mediante a achega de material fotográfico privado.
As persoas interesadas poden achegar o material á Alcaldía ou ao propio museo. Tamén se habilita o envío por correo postal ao consistorio.
O procedemento garante a devolución dos orixinais tras o seu escaneo.
