Abre o prazo de renovación de matrícula para o alumnado da BASICA II de EMMArteixo
O prazo establecido para a renovación de matrícula do alumnado de Básica II comeza o martes 6 de abril, e remata o venres 16 de abril.
Por todos nós é coñecida a importancia da práctica de actividade física e o deporte a todos os niveis (físico, psicolóxico e social), por iso destacamos o compromiso do Concello de Arteixo para a mellora do benestar da veciñanza coa creación e mantemento de hábitos de vida saudables, mantendo sempre o equilibrio entre o deporte para todos e o deporte federado nas políticas deportivas municipais.
É preciso destacar que o avance na xestión de programas deportivos e xestión nas instalacións deportivas municipais, fan de Arteixo un referente pola súa capacidade organizadora, sendo o Concello unha parte fundamental como elemento coordinador e dinamizador da oferta deportiva.
Neste documento atoparase información e detalle de toda a oferta deportiva municipal do ano 2012, no que se fai un balance de todo un ano de xestión, de poñer ao alcance de todos os veciños o potencial de uso das instalacións e programas deportivos municipais.
Dase un repaso a toda a planificación deportiva municipal do ano 2012, que podemos resumir en 9 grandes programas:
Máis adiante relaciónanse os obxectivos do exercicio, desde os xerais, estratéxicos e operativos, establecendo indicadores de control da xestión.
Do mesmo xeito menciónanse as novidades do exercicio e recomendacións e perspectivas de futuro.