O Departamento de Xuventude do Concello de Arteixo informa de que xa está dispoñible a listaxe de persoas admitidas para participar no curso de conversa en inglés, dirixido a mozos e mozas de entre 12 e 30 anos.
Este programa ten como obxectivo principal mellorar a soltura, a confianza e o vocabulario en situacións reais do día a día a través de sesións dinámicas centradas na práctica oral. Non se require un nivel alto de inglés, senón vontade de participación.
As persoas que figuren na listaxe de admitidos deberán formalizar o pago da actividade os días 17 e 18 de febreiro.
As clases impartiranse todos os venres, en horario de 17:00 a 18:30 horas, desde o vindeiro 27 de febreiro ata o 25 de xuño.
Para calquera dúbida ou información adicional, poden contactar co departamento no teléfono 981 659 133 ou dirixirse presencialmente ás instalacións de Xuventude en Arteixo.
