Ir o contido principal

Cultura

Ponte dos Brozos

 

No referente á cultura no municipio de Arteixo temos que salientar valiosas mostras de arquitectura relixiosa. Poucos municipios de Galicia conservan unha pegada patrimonial medieval, e máis concretamente románica, tan  interesante coma o Concello costeiro de Arteixo. As igrexas románicas conservadas nestas terras proceden nalgúns casos de antigos mosteiros de orixe beneditino, mentres outras son simples igrexas parroquiais onde os restos materiais do período románico son limitados, pero cun encanto especial todas elas, polo marco incomparable da paisaxe onde se sitúan.

Épocas de prosperidade ou a simple necesidade de reparación modificou en parte ou en gran medida os seus aspectos orixinais.

Un caso especial é o Santuario de Nosa Señora de Pastoriza, hoxe templo parroquial do que se conservan  a memoria e os datos dun templo románico, derribado no século XVII para construír o edificio actual.

Tamén son importantes as mostras de arquitectura civil, cos seus pazos, a arquitectura viaria coa Ponte dos Brozos e no referente á arquitectura popular temos que salientar os muíños de Sisalde próximos á praia de Barrañán.