Ir o contido principal

Medio ambiente

Ponte dos Brozos

 

O progreso técnico está a avanzar espectacularmente nos nosos días mellorando a calidade de vida dos cidadáns. Asociado a este progreso técnico xorden continuamente novas formas de deterioro do noso entorno. Para que este avance técnico non sexa contraproducente nun futuro para a saúde das persoas e resto de seres vivos é necesario atallar estes problemas compaxinando -dentro do desenvolvemento adoptado- o avance económico e o respecto ao ambiente.

O Departamento de Medio Ambiente estructura as súas accións en tres áreas de traballo: a xestión ambiental, a confección de residuos a educación ambiental, e os servizos de xardiñeiría e desbroce.

A Xestión Ambiental é a estratexia mediante a cal se organizan as actividades antrópicas que afectan ao medio natural, co fin de acadar unha calidade de vida axeitada. Entre as iniciativas destacadas está a vixiancia medio ambiental, o control de talas, o rexistro de animais de compañía, a xestión das licenzas de animais potencialmente perigosos,...

A finalidade da Educación Ambiental é a de promover unha toma de conciencia crítica sensíbel sobre os aspectos ambientais mediante a adquisición de actitudes, aptitudes e valores ambientais correctos. Para a consecución destes obxectivos desenvólvense unha serie de actividades propias, tanto no ámbito da educación formal como non-formal; como a edición de publicación medioambientais, organización do Certame de Fotografía Ambiental, Xornadas de Micoloxía, Programa de Saídas MedioAmbientais para Escolares,...

Os servizos de xardiñeiría e desbroce atenden as áreas verdes do municipio, as beirarrúas dos principais camiños municipais e estradas rurais locais, así como o patrimonio histórico do municipio.

Novas