Ir o contido principal

Biblioteca

Biblioteca Henrique Rabuñal

DESCRICIÓN

Actualmente, o Concello de Arteixo dispón de 5 puntos de lectura, a Biblioteca Central ‘Henrique Rabuñal’, a Biblioteca de Oseiro ‘Dora Vázquez’, a Biblioteca de Meicende ‘Antón Castro’, a Biblioteca de O Froxel ‘Francisco A. Vidal’ e a Biblioteca de Pastoriza ‘Miguel Sande’.

Biblioteca Central ‘Henrique Rabuñal’ está situada no Centro Cívico-Cultural no paseo fluvial e consta de 3 salas e un depósito de libros. A sala xeral contén as seccións de Galicia, xuvenil, fondo Local, libros en lingua estranxeira, fondo árabe, publicacións periódicas e, como non, o fondo xeral.

A sección de Galicia dispón dos libros de adultos escritos en galego ou que falan sobre Galicia; a sección de estranxeira aqueles libros escritos en idiomas exteriores a España. O fondo Local dispón de libros referentes a Arteixo ou escritos por autores arteixáns, ademáis de recortes de prensa sobre o Concello desde 1989. Tamén incorporouse non fai moito un fondo Árabe pola presenza no Concello dunha ampla representación desta comunidade. En publicacións periódicas dispoñemos de 60 revistas de todo tipo e 6 xornais (dous deles de contido deportivo). Tamén temos sección de cómic infantil, adulto e galego. A sala xeral dispón de 40 postos de lectura.

A sala infantil consta dos libros entre 0 e 13 anos dispostos por 3 grupos de idades: I-1 de 0 até 7 anos, I-2 de 8 a 10 e I-3 de 11 a 13; outra diferenciación nesta clasificación infantil está na separación dos libros de contos en galego dentro de cada grupo de idade. Ademáis, nesta sala atopamos os libros de consulta para as mesmas idades. O espazo infantil dispón de 22 postos de lectura. Ademáis ten 2 ordenadores para acceso a Internet para á rapazada.

A sala de Audiovisuais dispón de 12 ordenadores para uso do público, dous equipos de dvd-tv e 1 de música. Para os equipos de música e tv os usuarios disporán de auriculares. Esta sala ten 15 postos de usuarios.

Na sala de Audiovisuais hai DVD-video, CD e CD/DVD-ROM tanto para o seu uso na biblioteca como para préstamo a domicilio.

SOCIAS/OS.

Calquera persoa se pode facer socio/a das bibliotecas municipais. Simplemente hai que levar unha foto e cubrir un impreso que vos dará o persoal das bibliotecas. Actualmente o número de socios está arredor dos 6900 na Biblioteca Central ‘Henrique Rabuñal’ e entorno aos 8400 no conxunto da Rede de Bibliotecas do Concello de Arteixo. Todos os socios teñen dereito a utilizar as bibliotecas da Rede do Concello para o préstamo. O número de documentos que se poden levar é de 3 libros, 2 audiovisuais (1 dvd e 1 cd ou 2 cd) e 2 revistas; os libros préstanse 14 días, os audiovisuais 3 e as revistas 7 con posibilidade de renovación. Esta mesma renovación pódese facer vía telefónica.

FONDOS BIBLIOGRÁFICOS.

Actualmente a Biblioteca Central ‘Henrique Rabuñal’ dispón de 24300 libros, 920 cd musical, 2075 dvd e 245 cd/dvd-rom. No referente aos libros xa distinguimos as seccións no apartado relativo a descrición do servizo; no tocante ao fondo audiovisual os dvd están organizados como os libros, tendo especial presenza a sección de películas, tamén existe un apartado para o fondo local e o fondo árabe, ao igual que os cd/dvd-rom. Os cedés están divididos en seccións: Pop/Rock, Folk, Jazz, Clásica, Latina, Árabe e Infantil. Actualmente as bibliotecas xa non dispoñen de VHS por estar superada e obsoleta esta tecnoloxía.

No conxunto da Rede Municipais de Bibliotecas do Concello de Arteixo o número de fondos bibliográficos ascende a 45.600 e no fondo audiovisual a preto dos 5.000 (entre DVD, CD e CD/DVD-ROM).

MOVEMENTOS.

O número de persoas usuarias diarias varía no inverno con respecto á epoca estival, sendo unha media diaria de 130 persoas no inverno e de 50-60 no verán. No ano 2010 o número de usuarios que visitaron as bibliotecas da nosa rede foron arredor dos 30.000 persoas mayores de 14 anos e de 12.000 con idades infantís. O número de préstamos, cos datos do ano 2010, está en torno aos 13000 libros anuais e os 3400 audiovisuais, si sumamos os movementos de toda a rede de bibliotecas de Arteixo sumamos un total de preto de 20.000 libros e 5.200 audiovisuais.

Un vinte por cen destes libros son en galego e, a maioría, de narrativa.

A solicitude de equipos audiovisuais en sala está copada prácticamente polo uso de ordenadores pois supón un noventa por cen do total, o resto repártese entre equipos de dvd-tv e música.

INFORMATIZACIÓN DOS FONDOS.

O total dos fondos, tanto audiovisual como bibliográfico, está xa disposto ao público a través dun sistema dixital así como a tarxeta de préstamo para levar ao domicilio calquera documento da Biblioteca.

Os mesmos servizos pódense atopar nas bibliotecas de Oseiro, Meicende, O Froxel e Pastoriza.

Horarios, direccións e teléfonos da Rede de Bibliotecas do Concello de Arteixo.

Novas biblioteca

A biblioteca estrea voz

"Palabra de biblioteca" é o título do "podcast" que xa está dispoñible e que repasa as actividades das bibliotecas do concello