Ir o contido principal

O temporal suspende as actividades deportivas no exterior

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por chuvias intensas e refachos de vento superiores a 100km/h, que comezará as 12:00 horas do venres do día 9.11.2018 e prolongaráse ata as 00:00 horas do día 10.11.2018. Esta situación afectará ás zonas de predición meteorolóxica de interior de Pontevedra, suroeste e oeste da Coruña e a Mariña lucense.

Ante a devandita situación de risco, a Secretaría xeral para o deporte recomenda  a suspensión das actividades deportivas no exterior nas zonas afectadas.

Esta incidencia xa fou comunicada ás Federacións Deportivas Galegas, solicitando que leven a cabo esta medida e fagan un seguimento dos partes meteorolóxicos durante a xornada na que se desenvolverá este adverso.

Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopan as instalacións deportivas, supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as federacións e entidades deportivas poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades deportivas.