Ir o contido principal

O éxito da primeira edición impulsa unha nova aula de teatro infantil

A Concellería de cultura convoca a segunda aula de teatro infantil no Centro Social de Meicende. 

É a segunda edición desta actividades despois do éxito acadado coa primeira experiencia piloto realizada no último trimestre do curso 2016-2017. 

A aula diríxese a nenas e nenos de 6 a 12 anos, e abranguerá un curso completo. Comezará no mes de outubro no Auditorio do CSC de Meicende os luns de 17:00 a 18:30h, e terá un custe mensual de 5,00 € por alumno.

Os participantes utilizarán material didáctico asequible, e se fomentará a reutilización de obxectos en desuso, roupas vellas, ou papel, sin que supoña un desembolso económico para as familias. Os monitores facerán especial fincapé nos valores de coidado do medioambiente e a reciclaxe.

Os interesados poderán realizar a súa inscrición no SM de Cultura e Festas en Arteixo ata o 04 de setembro do ano que andamos.

No caso de que as inscricións superen as prazas previstas, realizarase un sorteo, establecéndose unha listaxe de agarda para o resto do curso 2017-2018.