Ir o contido principal

Maxia e monicreques para abrir a axenda cultural de febreiro

O Auditorio de Arteixo adéntrase no fabuloso mundo do circo baixo a visión fresca e renovada do home que revolucionou as artes circenses fusionadas coa maxia de Monsieur Lafayette ao que da vida o mago Cayetano LLedó

Será hoxe ás 19.00h. 

"Le cirque" é o espectáculo que o acompaña e que adentra ao espectador no apaixonante mundo dun heroe da escena moderna que rescatou o vaudeville e mailo cabaret para facelos emerxer con máis forza que nunca.

É un espectáculo recomendado para maiores de 3 anos. As entradas pódense mercar en horario de 11:30 a 13:30 h ou 1 h antes da función na Billeteira do CCC de Arteixo. O prezo é de 3 e 2,25 €.

Xa en Meicende o protagonismo é para os monicreques de Kukas

A partir das 20:00 h, no auditorio, poderás disfrutar dunha das compañías de monicreques de Galicia con 40 anos de traxectoria profesional. Presentan o seu espectáculo "O encoro enmeigado!", unha obra ecoloxista dirixida a nenos de 3 a 12 anos que recupera personaxes da mitoloxía popular galega.

A distribución de convites será 1 h antes da función na conserxería do CSC de Meicende.

Kukas