Ir o contido principal

Humor na axenda cultural da fin de semana

Arteixo recibe mañá  a visita de La Estampida, unha compañía madrileña que poñerá en escea "Lo Nunca Visto". Será ás 20:45 h.

Trátase dun espectáculo dirixido por José Troncoso. A un mes do peche por falta de pagamentos do seu estudo, unha decrépita profesora de danza e teatro para nenas, decide que é o momento do "agora ou nunca" e realizar un espectáculo revolucionario: "Lo Nunca Visto". Sen talento, sen diñeiro e xa sen alumnas nas súas clases, lánzase a recrutar a “artistas comprometidos” para a súa causa. Só acudirán á súa chamada dúas das súas exalumnas: unha yonki galega e un ama de casa recentemente fuxida.

As entradas costan 4 e 3 € e póndese adquirir o venres 14 de decembro de 11:30-13:30 h ou 2 h antes da función na billeteira do CCC de Arteixo.