Ir o contido principal

Creando mundos na biblioteca Henrique Rabuñal

Pulir o teu estilo. Ou acadalo se non o tes. Mellorar a expresión escrita e crear unha comunidade de escritores. A Biblioteca Henrique Rabuñal convértese nun viveiro de talento da man do taller de escritura que propoñen para o ano próximo. 

O impartirá Vanesa Méndez que xa xestiona o seu propio blog sobre literatura e no que fala de libros, autores, ou estilos, entre outras cousas. 

Para participar hai que ser maior de 15 anos e inscribirse antes do 28 de decembro próximo. A actividade é gratuita e as prazas son limitadas.