Pasar al contenido principal

Manuel Murguía. Certame Literario

Manuel Murguía

Certame de narracións breves Manuel Murguía

En 2018 o certame literario de Arteixo chegará á 27ª edición.

Os relatos: Deben ser orixinais e inéditos (non publicitados en ningún soporte, físico ou dixital) escritos en lingua galega, enviados baixo plica antes do 15 de febreiro próximo e cumprindo todas as condicións estipuladas nas Bases (consultar pe de páxina).

Os premios: Un primeiro premio dotado con 4.000,00 €, un segundo de 500,00 € e un terceiro de 300,00 €, todos eles sometidos á correspondente retención.

Información: Para dúbidas pódese chamar ao 981 659 100 do Centro Cívico Cultural ou escribir a cultura@arteixo.org

Coordinación

Alfredo Ferreiro Salgueiro foi nomeado coordinador do Certame en sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local de 30 de setembro de 2015. Naceu en 1969 na Coruña, onde se licenciou con grao en Filoloxía Hispánica (subsección de español). É membro da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, da Associaçom Galega da Língua e do Grupo Surrealista Galego. Ten publicado varias obras literarias, tanto en libros individuais e como colectivos. Desde os anos 90 colabora como poeta, crítico e tradutor en revistas galegas, portuguesas e españolas.

Colaboración

O Certame conta ano tras ano coa colaboración da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e, desde 2017, coa da Asociación Galega da Crítica, tanto na selección dos xurados como na asesoría sobre cuestións técnico-literarias.