Pasar al contenido principal

Promoción Económica e Desenvolvemento

Formación

Desde o ano 1988, o Concello de Arteixo colabora co Servizo Público de Emprego de Galicia e coa Consellaría de Traballo e Benestar impartindo formación dirixida prioritariamente a demandantes de emprego a través dos cursos AFD. Ademais de este tipo de accións, o departamento de Formación e Emprego pon en marcha anualmente un Plan de Formación Municipal dirixido tamén a persoas desempregadas, onde se teñen en conta as demandas do mercado laboral a hora de elixir as especialidades formativas.

Apoio á creación de empresas. Axudas á creación de Empresas.

  • Sensibilizacióan e motivación na cultura emprendedora.
  • Información e asesoramento na elaboración do plan de empresa e nos trámites de constitución. Titoría durante a posta en marcha e a consolidación da empresa.
  • Información e asesoramento sobre axudas e subvencións das diferentes administración.
  • Formación e consolidación da empresa.

Apoio ao sector empresarial. Axudas á contratación

  • Información e asesoramento xeral.
  • Información, asesoramento e acompañamento de axudas e subvencións das diferentes administracións.
  • Fomento da formación e cooperación empresarial.
  • consolidación do texido empresarial a través da mellora competitiva.
  • Desenrolo económico do municipio e captación de fondos finalistas.

Apoio ao sector comercial

  • Ordenación e modernización do sector comercial.
  • Fomento do comercio e asociacionismo.
  • Dinamización comercial.
  • Formación comercial.
  • Campañas de promoción.

Apoio ao desenvolvemento rural

  • Participación en programas de desenvolvemento rural.
  • Promoción do sector agrario e forestal.
  • Dinamización da contorna rural.
  • Apoio á diversificación da economía rural.

Enlaces

Punto informativo de renovación da demanda de emprego

Este punto de información permite renovar a demanda do SPEG mediante a pegada dixital, así coma acceder ao portal de emprego ( http://emprego.xunta.es/cmspro/contido/ ) do Servizo Público , consultar as ofertas de emprego en difusión , cursos de formación e as páxinas web de diferentes servizos públicos de emprego, autonómicos e estatais.

As persoas usuarias que desexen realizar a renovación da demanda a través deste sistema, deberán acudir á súa oficina de emprego para darse de alta a través do rexistro da pegada dixital. Unha vez realizado dito rexistro poderán proceder á renovación da demanda nas datas sinaladas en calquera dos puntos de información distribuídos en toda a Comunidade Autónoma.