Pasar al contenido principal

Cultura

Presentación

A Concellaría de Cultura e Festas ten a súa sede no Centro Cívico Cultural de Arteixo. Este servizo encárgase da programación cultural e festiva municipal para procurar o enriquecemento cultural da cidadanía e para preservar os festexos tradicionais do pobo. Os programas que se executan, relacionados na súa gran maioría, con épocas concretas do ano e dirixidos a todo tipo de públicos, pretenden a consecución dos seguintes obxectivos:

 

.- Promover e difundir a cultura favorecendo o desenvolvemento integral dos cidadáns e da comunidade en xeral e mellorando as condicións das institucións culturais.

 

.-Conservar a memoria, as tradicións e o patrimonio material e inmaterial galego.

 

.-Difundir as artes escénicas e artísticas, a actividade festiva local e fomentar actividades de interese cultural e de ocupación do tempo de lecer.

 

.-Contribuír ao sostemento de asociacións e institucións que desenvolven a súa actividade no municipio e complementan a oferta cultural.

 

.-Fomentar a coordinación con organismos públicos e privados que participen de intereses comúns, mediante a sinatura de convenios.

 

.-Achegar e xestionar equipamentos para o goce da comunidade.

 

.-Recuperar e celebrar os festexos populares máis tradicionais.

 

.-Promocionar o folclore e a música popular.

 

.-Colaborar na realización de eventos festivos.

 

O Concello de Arteixo está integrado en diversas redes e circuítos de programación doutras administracións e entidades, como a Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia (Agadic) ou a Rede Cultural da Deputación da Coruña.

 

INFORMACIÓN CULTURAL

Os interesados e interesadas en recibir información sobre a programación cultural do Concello de Carballo poden cubrir o Impreso de solicitude que se pode descargar nesta mesma sección e entregalo no SM de Cultura.

 

Ligazóns

Subvencións culturais

A Concellaría de Cultura e Festas conta cunha liña de axudas para apoiar ás entidades locais sen ánimo de lucro na creación ou mantemento de actividades culturais, así como na dotación de equipamentos das programacións que desenvolven en materia de cultura. (descarregar documentos adxuntos)