Pasar al contenido principal

Shakespeare chega a Arteixo baixo a mirada de Estudo do Momento

Xoán Carlos Mejuto, Luis Iglesia, Iria Ares, Carlos Sante e David Perdomo conforman o grupo de actores que dan vida aos personaxes de William Shakespeare na obra "Macbeth, o ruido e a furia". 

Será ás 20.45 h no auditorio do CCC. 

A obra, que foi estreada en A Coruña o mes pasado, é unha viaxe á chaira escocesa, neboenta e insegura. Tambores de guerra. Berros de barro. Versos de sangue, traizón e morte. Feiticeiras retranqueiras e ministras do fado, manipuladoras dos máis bravos guerreiros. Un tempo eterno e circular do que ninguén volta xamais.

Voltan os tempos escuros. Voltan os tempos de Macbeth.

As entradas, entre 3 e catro euros pódense comprar o día da función en horario en de 11:30-13:30 h e 2 h antes do espectáculo na billeteira do CCC de Arteixo