Skip to main content

Horticultura ecolóxica para nenos

Cultivar o sentido da responsabilidade polo medio ambiente e o agarimo polo entorno que os rodea. Son obxectivos que se marca a Concellería de Promoción Económica coa organización de dous talleres que, os días 18 e 25 de novembro, e os 9 e 16 de decembro; ofrece de forma gratuita no contexto da feira semanal de Arteixo. 

Yago García Garabal, autor do blog "Sensaciones Gastronómicas", e que actualmente adícase de forma activa á agricultura ecolóxica, amosará ós nenos a asociación de plantas e de cultivos, a fertilidade da terra ou cómo cuidar os suelos e os organismos que viven nela.

A actividade desenvolverase entre as 10 e as 13 h na Praza do Balneario. Durante a mesma os participantes colaborarán para elaborar mezclas de sustratos e plantarán hortalizas en mesas de cultivos que poderán levar para casa en macetas biodegradables, para as coidar e aprender directamente o proceso de desarrollo dos vexetais.

Para participar non se precisa inscripción e os nenos poderán asistir coas súas familias. 

Agricultura ecolóxica