Skip to main content

Os Minions chegan a Meicende

Meicende é o escenario dunha nova cita co programa "Visións" da Deputación de A Coruña. 

O venres 6 de outubro o Auditorio do CSC de Meicende acolle, ás 20.00h, a proxección da película de animación, e para todos os públicos "Los Minions". 

A historia dos Minións remóntase ao principio dos tempos. Empezaron sendo organismos amarelos unicelulares que evolucionaron a través do tempo, poñéndose sempre ao servizo dos amos mais despreciables.

Ante a súa incapacidade para manter a eses amos, dende o T Rex a Napoleón, os Minions acaban atopándose sos e caen nunha profunda depresión. Con todo, un deles, chamado Kevin, ten un plan. Acompañado polo rebelde Stuart e o adorable Bob, emprende unha emocionante viaxe para conseguir unha xefa a quen servir, a terrible Scarlet Overkill. Pasarán da xeada Antártida, á cidade de Nova York nos anos sesenta, para acabar no Londres da mesma época, onde deberán enfrontarse ao maior reto ata a data: salvar á raza Minion da aniquilación.