Skip to main content

Praias

Praias

Como aspecto turístico máis salientábel do Concello de Arteixo hai que subliñar os seus areais, moi concorridos na época estival onde se pode gozar do tempo de lecer.

Os máis visitados son os de Barrañán , As Combouzas (nudista) e O Reiro. Estes areais están batidos polas bravas ondas do océano o que fai que as súas augas sexan limpas e a súa area de cor gris clara e fina. Tamén son moi visitados outros areais máis pequenos pero acolledores coma os de Area Grande (Valcovo), Area Pequena  Repibelo, A Salsa ou Sabón entre outras.

No ano 2014 o concello de Arteixo contou co distintivo de bandeira azul para seis das súas praias (As Combouzas, Valcovo, A Hucha, A Salsa, Barrañán e O Reiro) e presume de contar cunha Senda Azul que conecta sete das nove praias arteixás: Sabón, A Salsa, Repibelo, A Hucha, Valcovo, As Combouzas, Barrañán e O Reiro. Cabe salientar que a senda é un lugar idóneo para avistar cetáceos aves

Todos eles  teñen fácil acceso e contan con bos servizos turísticos como limpeza, aparcamento, duchas, sendeiros, ramplas de acceso e socorrismo en horario de 12:00 a 20:30.

Os areais deste municipio permiten a práctica de deportes náuticos e na súa contorna pódese gozar da fachada marítima a través dos seus fermosos paseoS, tanto a pé coma en bici ou a cabalo, nunha paraxe privilexiada no LIC Costa da Morte.

 

Senda litoral

 

Documentos: