Abre o prazo de renovación de matrícula para o alumnado da BASICA II de EMMArteixo
O prazo establecido para a renovación de matrícula do alumnado de Básica II comeza o martes 6 de abril, e remata o venres 16 de abril.
A Concellería de Educación é a encargada de desenvolver os proxectos educativos dirixidos á comunidade escolar (profesorado, alumnado, e familias) do Concello de Arteixo.
Planificamos, colaboramos e participamos activamente na implantación de Programas Educativos de calidade. Esta Concellería é, ademáis, a responsable de coordenar a oferta educativa que os demáis departamentos municipais poñen a disposición da comunidade escolar do municipio co comezo do curso.
Achegar ás personas de Arteixo propostas didácticas que apoien o seu espírito creativo e constructivo é un dos obxectivos do Concello de Arteixo, e neste senso, promove cada ano un programa completo que reúne todas as actividades que constitúen un apoio á formación que se imparte nos centros escolares. O noso propio concello é unha verdadeira fonte de información onde podemos atopar os recursos que nos axudan a coñecer máis de preto a nosa historia, costumes, e a nosa riqueza patrimonial.
O Concello de Arteixo pon a disposición dos centros educativos do municipio a utilización do patrimonio e as posibilidades formativas de Arteixo para axudar aos escolares a coñecer mellor o seu propio entorno, para que saiban coidalo.
A educación é o instrumento capaz de transmitir a todas as xeracións o legado cultural e científico da sociedade á que pertencemos e á que temos dereito e, xunto con ese legado, facernos coñecer o conxunto de valores que dotan a cada persona da capacidade para trazar as súas propias metas personais.